PROVINCIAS 
A Coruña 
Lugo 
Ourense 
Pontevedra 
A |  B |  C |  D |  E |  F |  G |  I |  L |  M |  N |  O |  P |  Q |  R |  S |  T |  V |  X |  Z | 
  [VOLVER
A USC ampliará en 37.000 metros cadrados o campus de Lugo co proxecto Campus 2015  
O proxecto Campus 2015 promovido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Lugo suporá a ampliación das dotacións universitarias en 37.000 metros cadrados en 5 anos, e cun investimento de 20 millóns de euros. Campus de Lugo 2015 pretende consolidar a oferta docente existente e incrementar a investigación e o emprendemento.

O reitor da USC, Senén Barro, presentou o proxecto de desenvolvemento do Campus de Lugo co horizonte posto no ano 2015. Nun acto celebrado na Vicerreitoría luguesa, estivo acompañado do presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e do alcalde da cidade, Xosé Clemente López Orozco. Tamén asistiron os vicerreitores de Coordinación do Campus, Carlos Herrero, e de Economía, Financiamento e Infraestruturas, Miguel Vázquez Taín. Campus de Lugo 2015, denominación do plan presentado, pretende consolidar a oferta docente existente e desenvolver a nova de forma axeitada, así como incrementar o potencial investigador e de emprendemento xa demostrado ata o de agora. “Atópamonos –lembrou o reitor- no máis desenvolvido dos campus non centrais do Sistema Universitario Galego, cunha oferta docente da que se benefician máis de 6.000 estudantes e cunha capacidade investigadora, uns servizos e unha infraestruturas moi importantes, sensiblemente reforzadas nos últimos anos”. O desenvolvemento do plan implicará, entre outras actuacións, a construción de novos edificios de servizos e para centros singulares de investigación, a Escola de Enxeñaría Civil ou un pavillón polideportivo. Ademais suporá unha modificación substancial do urbanismo na principal arteria de entrada á cidade, o que permitirá amosar “un Lugo milenario e, ao tempo, moderno e atractivo para estudar, investigar ou investir”, subliñou Barro. Dáse continuidade así ás intervencións desenvolvidas no Campus lugués entre 2002 e 2010, valoradas en máis de 21 millóns de euros e en máis de dez para equipamento científicos. Entre elas a sede do IBADER, o edificio CACTUS, as novas instalacións da Facultade de Ciencias, a Estación de Bioloxía do Courel ou o Museo e Casa do Coñecemento, anexo á Vicerreitoría. “Ben organizado e harmónico”, subliñou o reitor ao referirse á distribución do campus lugués, en 2015 contará coa incorporación dunha serie de novas parcelas a través dun proceso de expropiación de máis de 25.000 metros cadrados que será realizado e financiado pola Deputación de Lugo. Segundo indicou Senén Barro, neste senso xa se atopa en fase de redacción o proxecto de execución da futura Escola de Enxeñaría Civil. O resto de actuacións están vinculadas á incorporación do solo a expropiar. Serán un conxunto de intervencións que completarán o abano de servizos do Campus, establecendo instalacións deportivas propias e, sobre todo, reforzando os espazos e medios para a investigación, a transferencia e o emprendemento. Ademais, o proxecto suporá a integración no perímetro do Campus dunha finca de prácticas de 13.000 metros cadrados, recentemente cedida polo Concello e que se irá incorporando na medida en que se vaia dispoñendo do solo previsto para a ampliación do Campus no PXOM e que suporá un incremento adicional de máis de 30.000 metros cadrados na superficie total do Campus. É un conxunto de iniciativas que conforman un “ambicioso proxecto” xa en execución que permitirán a Lugo “seguir desenvolvéndose dun modo importante nos próximos anos” e que “acentuará o seu papel como un dos principais campus do Estado no seu ámbito de especialización”, concretou Senén Barro. Este desenvolvemento concretarase “sobre todo na investigación, a transferencia e o emprendemento”, engadiu, “aproveitando o impacto da actividade investigadora do medio centenar de grupos de investigación e as importantes infraestruturas de investigación xa dispoñibles”. Cooperación En Campus de Lugo 2015 conflúe a implicación da USC, Deputación e Concello de Lugo, colaboración institucional que redundarán no beneficio do Campus tanto no relativo á docencia como á investigación, e que representa “unha aposta polo desenvolvemento socioeconómico da cidade, da provincia e do conxunto do país, sobre todo no sector primario, tan necesitado da inxección de coñecemento e desenvolvemento tecnolóxico”.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
2010-02-05

 
OTRAS NOTAS
O perfil de cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos en América
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Arranca o IV Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia
Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación de Lugo pola economía sostible
Pacientes cardíacos de toda España se unen por primera vez para recorrer el Camino de Santiago
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
O 49º FITCE reúne en Compostela a 500 profesionais das telecomunicacións da Unión Europea (UE)
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
A Xunta ratifica o seu apoio á pescada do bonito en Burela