PROVINCIAS 
A Coruña 
Lugo 
Ourense 
Pontevedra 
A |  B |  C |  D |  E |  F |  G |  I |  L |  M |  N |  O |  P |  Q |  R |  S |  T |  V |  X |  Z | 
  [VOLVER
A Fundación Curros Enríquez entrega libros de escritores de Celanova á Asociación Limia Verde  
Entrégase un lote de libros con obras de escritores como Méndez Ferrín ou Celso Emilio Ferreiro para que os visitantes das casas de turismo rural da asociación Limia Verde disfruten da literatura galega.

Na Casa dos Poetas, a Fundación Curros Enríquez fará entrega dun lote de libros para as casas de turismo rural que forman a Asociación Limia Verde. Obras dos escritores de Celanova encherán os estantes destes establecementos hoteleiros co fin de que os visitantes aloxados poidan coñecer de primeira man a rica literatura da zona e ir creando pouco a pouco unha biblioteca sobre Celanova en cada unha delas. Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, X. L. Méndez Ferrín ou Castor Elices serán a partir de maá unha proposta máis para os momentos de descanso nestas casas rurais. Con este acto a Fundación Curros Enríquez desexa facer público o seu apoio á creación da Asociación Limia Verde deixando abertas as portas para futuras colaboracións. Esta reunión propiciará tamén o intercambio de información sobre as actividades culturais que realiza a Fundación ao longo do ano (exposicións, presentacións de libros, obradoiros, etc.) e as ofertas hoteleiras destas casas de turismo. En concreto esta entidade ofrecerá tamén a súa colaboración para que a Asociación Limia Verde poida ofertar percorridos literarios tanto pola propia vila de Celanova como polos seus arredores, percorrido que se corresponde á xa coñecida “Ruta currosiana”. Cooperación que estamos seguros enriquecerá e fomentará o interese por coñecer Celanova e a Baixa Limia en especial aos amantes das letras.

Fundación Curros Enríquez
2010-02-08

 
OTRAS NOTAS
O perfil de cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos en América
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Arranca o IV Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia
Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación de Lugo pola economía sostible
Pacientes cardíacos de toda España se unen por primera vez para recorrer el Camino de Santiago
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
O 49º FITCE reúne en Compostela a 500 profesionais das telecomunicacións da Unión Europea (UE)
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
A Xunta ratifica o seu apoio á pescada do bonito en Burela