PROVINCIAS 
A Coruña 
Lugo 
Ourense 
Pontevedra 
A |  B |  C |  D |  E |  F |  G |  I |  L |  M |  N |  O |  P |  Q |  R |  S |  T |  V |  X |  Z | 
  [VOLVER
Unha mostra de pintoras lucenses abre o programa de actos da Xunta en Lugo con motivo do Día da muller traballadora  
A actriz Blanca Marsillach porá en escena a obra “Buscando a Hillary” o luns, día 8, en Lugo, e o 15 de marzo en Vilalba. Completan a programación dúas exposicións acerca do traballo das mestras e o labor das mulleres no rural.

O Edificio Administrativo da Xunta acolle a exposición Mulleres, artistas, pintoras, luguesas, que abre o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. A mostra está integrada por 47 cadros de 24 pintoras nacidas ou residentes na provincia de Lugo. Na inauguración, na que estiveron presentes a meirande parte das participantes, a delegada territorial, Raquel Arias, destacou a “inmensa xenerosidade” coa que as pintoras responderon á convocatoria da Xunta. “Congratulámonos pola magnífica resposta, polo excelente panorama de creación artística da muller, e lamentamos as barreiras físicas que obrigaron a pechar a admisión de participantes, porque esta sala non podía acoller nin un cadro máis”, sinalou Arias. Esta exposición permanecerá aberta ata o 12 de marzo, e poderá ser visitada en horario de mañá e de tarde, ata as 19.30 horas. No marco da inauguración da mostra, a delegada territorial presentou o programa de actos que nas vindeiras semanas terán lugar na provincia con motivo do Día da Muller. Así, o próximo luns a Secretaría Xeral de Igualdade trae a Lugo a obra Buscando a Hillary, protagonizada por Blanca Marsillach. A representación terá lugar na Aula de Cultura da Fundación Caixa Galicia en Lugo. Dará comezo ás 19.30 horas e a entrada é libre, ata esgotar o aforo. Acompañan a Blanca Marsillach na posta en escena os actores Fran Sariego y Miguel Foronda. O texto, escrito por Elise Varela, preséntase como “unha comedia retorcida e cínica” sobre os conflitos e os retos que afronta unha avogada de éxito que está non seus corenta anos. Tras visitar outras cinco cidades e vilas, a obra recalará en Vilalba para finalizar a xira galega. Será o luns día 15, ás 18.30 horas no Auditorio Carmen Estévez. Nas vindeiras semanas percorrerá tamén a nosa xeografía outra exposición sobre as mulleres: Elas ensinan, centrada na vida das mestras galegas de principios do século XX, que foron abrindo camiño ás mulleres, educando e servindo de exemplo ás novas xeracións. A falta de pechar o calendario desta exposición, as datas e lugares nos que se poderá ver na provincia de Lugo serán concretadas nos próximos días. Por último, o día 2 de maio inaugurarase en Burela a exposición Elas sempre están. Raquel Arias explicou que esta mostra “é unha homenaxe ás mulleres do campo, que representan claramente a omnipresencia do traballo feminino: Na casa, nas leiras, co tractor ou cos fillos", concluíu.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia
2010-03-04

 
OTRAS NOTAS
O perfil de cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos en América
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Arranca o IV Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia
Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación de Lugo pola economía sostible
Pacientes cardíacos de toda España se unen por primera vez para recorrer el Camino de Santiago
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
O 49º FITCE reúne en Compostela a 500 profesionais das telecomunicacións da Unión Europea (UE)
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
A Xunta ratifica o seu apoio á pescada do bonito en Burela