PROVINCIAS 
A Coruña 
Lugo 
Ourense 
Pontevedra 
A |  B |  C |  D |  E |  F |  G |  I |  L |  M |  N |  O |  P |  Q |  R |  S |  T |  V |  X |  Z | 
  [VOLVER
Santiago acolle un curso de coordinadores do voluntariado do Xacobeo 2010  
O obxectivo da acción é establecer as bases de funcionamento e coordinación entre todas as persoas que traballarán no programa voluntariado Xacobeo 2010. Inclúense relatorios sobre os protocolos de actuación a seguir en caso dunha emerxencia.

Santiago acolle no Monte do Gozo o curso presencial para os coordinadores do programa Voluntariado Xacobeo 2010, unha iniciativa que porá en marcha o Goberno galego con motivo do Ano Xanto. O obxectivo da acción formativa, á que acudirán un total de 25 coordinadores, é establecer as bases de funcionamento e coordinación entre todas as persoas que traballarán no devandito programa. O curso, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, comeza cunha presentación en xeral da iniciativa, que correrá a cargo do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato. Na primeira xornada do curso daranse diversas conferencias ao longo de todo o día sobre temáticas diferentes. Así, a coordinadora do programa Voluntariado Xacobeo 2010 Galicia, Beatriz Barbeito, exporá a función dos coordinadores do programa e os seus campos de actuación; o experto en programas de Xuventude e Voluntariado, Roberto Fernández Cartón, centrarase no ámbito lexislativo e falará sobre a Lei do Voluntariado e so dereitos e deberes do voluntario, do coordinador e da administración e o periodista Cristóbal Ramirez disertará sobre a experiencia dos peregrinos. Ademais, haberá varios relatorios sobre os protocolos de actuación a seguir en caso dunha emerxencia e as principais normas de seguridade viaria no camiño. Ao respecto, o xefe do servizo de Protección Civil, dependente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Pedro Luis Sánchez, ofrecerá unha conferencia sobre a prevención e recomendacións, así como os ámbitos de actuación. O obxectivo é buscar a máxima coordinación entre os voluntarios do programa autonómico e as persoas de Protección Civil que habitualmente están ao pe do camiño. O curso rematará con dúas ponencias. A primeira centrarase nunha explicación sobre outros programas levados a cabo por voluntarios e a segunda versará a cerca da actuación ante os medios de comunicación.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
2010-03-05

 
OTRAS NOTAS
O perfil de cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos en América
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Arranca o IV Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia
Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación de Lugo pola economía sostible
Pacientes cardíacos de toda España se unen por primera vez para recorrer el Camino de Santiago
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
O 49º FITCE reúne en Compostela a 500 profesionais das telecomunicacións da Unión Europea (UE)
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
A Xunta ratifica o seu apoio á pescada do bonito en Burela