Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A danza urbana de Elahood inaugura no Ágora a sétima edición do Corufest na Coruña

A xornada inaugural terá lugar este xoves ás 20.30 horas no Centro Sociocultural Ágora e contará coa representación de dúas pezas da compañía galega de danza urbana Elahood. A entrada é de balde ata completar aforo. Paralelamente, a casa museo Casares Quiroga abre tamén este xoves as súas portas á exposición ‘Cuir inexistente’, do artista chileno Felipe Rivas.

Os codirectores del Corufest, Gustavo del Río y Xosé Leis, serán os encargados de inaugurar o festival, cun repaso á programación que durante máis de dez días levará a distintos espazos da cidade preto dunha vintena de propostas que inclúen encontros, teatro, danza e música. A inauguración del Corufest 2024 contará coa representación de dúas pezas de danza da man da compañía Elahood, formada por Sabela Dominguez e Julia Laport. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional sostendo unha visión artística clara e directa, caracterizada por unha linguaxe visual e musical cunha mirada cara fora.

Nesta ocasión, a compañía interpretará a súa peza ‘Intempestiva’, a súa nova proposta escénica inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias, galardoada coas Letras Galegas 2021. A peza conta con recoñecementos como o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid (2021) e o Premio a Mellor Espectáculo na Plataforma de Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres (2021).


A inauguración do Corufest contará ademais coa peza 'Extender como si pudiera', a primeira proposta en solitario da bailarina e creadora Julia Laport. Tras 5 anos como codirectora da compañía Elahood, Julia comeza o seu primeiro proxecto individual co asesoramento do psicoanalista e filósofo brasileiro Igor Teo. Esta investigación explora os límites e o illado no corpo. Busca poñer o corpo na beira e poñerse na beira do corpo. Levar o corpo ao límite que o separa do que non é o corpo, explorando así qué hai máis alá do límite.

Apertura da exposición 'Cuir inexistente'

A primeira xornada do Corufest 2024 abre tamén as portas da casa museo Casares Quiroga coa exposición 'Cuir inexistente', do artista visual e activista da disidencia sexual Felipe Rivas. Unha mostra sobre o pasado cuir creada a través da intelixencia artificial coa que Rivas xera imaxes afectivas de homes de distintos países latinoamericanos e clases sociais entre os anos 1900 e 1920. O artista chileno usa a IA para recrear con persoas inexistentes este arquivo composto por máis de vinte imaxes como unha maneira de reivindicar expresións que no seu momento non eran permitidas. A exposición poderase visitar ata o próximo 30 de maio.

Unha fin de semana repleta de actividades

Tras a inauguración do Corufest, o festival segue o venres 10 de maio cun encontro co escritor e guionista concienciado con máis exemplares vendidos de España, Nando López, que falará sobre a súa obra na biblioteca da Ágora (19.00 horas). Ao día seguinte, o sábado día 11, o autor asinará exemplares no espazo cultural Galgo Azul (12.00 horas) e pola tarde participará na xanela 'Igualdade, sexualidade e identidade', que terá lugar ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Ágora. O encontro contará coa participación da historiadora da arte e actual directora xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura, Jazmín Beirak; o afamado divulgador e activista LGTBIQ+ Daniel Tigrillo; e a deputada da Asamblea de Madrid Jimena González.

O Corufest trasládase ao teatro Rosalía de Castro o domingo 12 de maio con 'If (La Ligereza)' ás 20.30 horas, un espectáculo teatral da Compañía do Señor Smith que fai reflexionar sobre o presente e o que puido ter sido. Un xogo de ficcións, un espello deformante de como outros eus fosen posibles, de como outras vidas fosen vividas. As entradas para o espectáculo están dispoñibles a través de Ataquilla.

Unha vintena de espectáculos

O festival conta un ano máis co apoio do programa TRC Danza, que traerá. á compañía Fran Sieira co seu espectáculo 'Ceibe' o xoves 16 de maio ao teatro Rosalía.

O venres día 17, será a quenda de 'Simulacro', de Margarida Monteny e Carminda Soares, que se representará no Teatro Colón. O realismo social estará presente no Corufest o sábado 18 de maio no teatro Colón coa obra 'Sexpiertos', unha comedia que conta co premio Max protagonizada polo gañador do Goya a actor revelación Telmo Irureta e Miren Arrieta. As entradas están xa á venda en Ataquilla.

O director xeral de Igualdade Real e Afectiva das Persoas LGTBIQ+, Xulio del Valle, protagonizará un encontro sobre políticas LGTBIQ+ o mércores 15 de maio na casa museo Casares Quiroga. Os encontros continuarán o venres 17 de maio coa escritora Miriam Beizana en Galgo Azul e na tarde dese mesmo día o encontro trasladarase ao hall do teatro Colón para charlar co dramaturgo Premio Nacional de Literatura Alberto Conejero, que conta cunha extensa obra de temática LGTBIQ+.

Premio Samuel Luiz a Carla Antonelli

O festival outorgará por segundo ano o Premio Samuel Luiz ao compromiso social coa visibilidade LGTBIQ+. Un galardón que quere servir de homenaxe ao mozo que é xa un referente internacional na loita contra os crimes de odio, brutalmente asasinado nesta cidade no ano 2021. Esta edición o recoñecemento recaerá sobre a activista Carla Antonelli, primeira muller trans deputada en España e senadora nas Cortes Xerais, que recibirá o premio o 18 de maio en Galgo Azul.

O colofón do Corufest chegará o domingo 19 de maio á Fundación Luis Seoane co concerto do grupo coruñés emerxente Leria.

O obradoiro deste ano, pola súa banda, correrá a cargo do profesional das artes escénicas Álvaro Caboalles, que impartirá o curso 'Performar a disidencia' do mércores 14 ao xoves 16 de maio na Fundación Luis Seoane. A mostra terá lugar o día seguinte no mesmo espazo ás 18.30 horas.
Corufest