Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación do Outono Cultural, unha iniciativa que abrangue a meirande parte da acción da USC en materia de cultura neste primeiro período do ano. Esta nova programación leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples propostas dirixidas ao alumnado da USC pero abertas, na súa maioría, ao conxunto da cidadanía.
  • O Global Omnium Auditorio e o Peirao XXI situado nas instalacións do Acuario de Sevilla acolle desde o martes 3 ata o xoves 5 de outubro o IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval que organiza o Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval Américas en colaboración coa Cátedra Ghenova – Universidade da Coruña e no que participan máis de 350 entidades.
  • O espazo expositivo do campus de Ourense, a Sala Alterarte, arrancou este xoves a programación do curso 2023/2024 coa exposición Clinamen. Catro propostas de abstracción radical. A mostra, comisariada por Manolo Figueiras, conta con obras dos artistas ourensáns Alejandro Caporale, Antonio Fernández Seoane, María Puertas e Antonio Soria Rocafort.
  • 4.162 espectadores viron algunha das 135 películas proxectadas na Semana de Cine de Lugo 2023, ou das facilitadas a Aspnais e aos centros penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro. 3.043 destes asistentes foron ás diversas sesións celebradas no Auditorio de Lugo, 769 nas outras salas da capital, e o resto en Aspnais e nos centros penitenciarios.
  • Aínda que a súa constitución como campus de Ourense da Universidade de Vigo produciuse en 1990, a súa orixe está no Colexio Universitario de Ourense, que en 1973 arrancou, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade docente impartindo catro titulacións e cunha comunidade universitaria formada por 204 estudantes, once docentes e tres administrativos. Ese antigo colexio universitario foi evolucionando ao longo dos anos ata conformar o que hoxe é este campus.
  • Afondar na análise das construcións históricas con ferramentas arqueolóxicas é un dos obxectivos centrais do curso de extensión universitaria que ten no convento de Santa Clara tanto o escenario das súas sesións teóricas como o obxecto de estudo das súas clases prácticas, que toman como punto de partida o proxecto de intervención arqueolóxica realizado no convento.
  • A súa importancia para a produción tanto de alimentos como de pensos fai do millo (Zea mays L.) un dos cultivos máis importantes do mundo, cunha produción global que en 2022 se situou nos 1200 millóns de toneladas, segundo os datos da FAO, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura. Cunha demanda crecente nos últimos anos, a produción deste cereal vese exposta a diferentes factores de estrés ambiental, como as pragas ou as secas.
  • O Festival Maré, que terá lugar en Santiago de Compostela entre este mércores 20 e o domingo 24 de setembro, anuncia a incorporación de novos artistas ao seu cartaz, así como o tributo “Celebrando a Kepa Junkera”, coa presenza do artista vasco, ou actividades como cine e un obradoiro de escrita creativa impartido por Ugia Pedreira e Nuno Pico, de Grande Amore.
  • A terceira edición do Festival Go!Go!Zo! porá o broche a case catro meses de actividades culturais tras reunir preto de 500 amantes da música no Monte do Gozo os vindeiros 23 e 24 de setembro para celebrar os seus tradicionais Combos Musicais e Macroactuación. Antes de pechar esta edición, o domingo 17 de setembro celebrará unha xornada especial de carácter solidario con actividades para toda a familia a favor do Banco de Alimentos de Santiago.
  • Presentouse a programación completa de Guerrilla no Concello de Pontevedra. Nela participarón Demetrio Gómez, Concelleiro de Cultura; Manuel Roxo, representante de Culturactiva e Mercedes Peón, artista que participará este co seu espectáculo Osmose. Xuntas achegáronnos en primicia a esencia da programación. Guerrilla cumpre tres anos en Pontevedra e celébrao coa súa programación máis extensa e ambiciosa.