Notas
-
Será o primeiro e único concerto de Gustavo Dudamel coa Sinfónica de Gotemburgo en Galicia. Un concerto que o día 28 de marzo abre na Coruña o ciclo Galicia Classics. Dudamel dirixe actualmente a Filharmónica dos Ánxeles e a Simón Bolívar de Venezuela. -
As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela’" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000. -
O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecen 62 menús enogastronómicos. -
Estes centros organizan nas catro provincias múltiples iniciativas para nenos e adultos arredor do 17 de maio, que teñen a Paz-Andrade como figura de referencia.
-
O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá unha nova edición da iniciativa ‘Música e arte. Correspondencias sonoras’, cinco concertos que relacionarán a música coas exposicións do museo.
-
A través dun chat, rapaces de cinco centros educativos galegos se interesaron pola situación das TIC en Galicia e as saídas laborais das carreiras do eido tecnolóxico, durante a celebración do Día Internacional das Telecomunicacións organizado polo Coeteg.
-
Cumpre co compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das súas institucións. A Xunta achega este ano 2,7 millóns de euros ao Concello compostelán.
-
O titular da Xunta presidiu a sinatura do convenio de colaboración entre Goberno central, Administración autonómica e 31 concellos en materia de rehabilitación, cunha achega de 44,5 millóns de euros de fondos públicos, o que vai mobilizar un total de investimentos superiores aos 64 millóns.
-
É a primeira acción do Plan de Turismo Enogastronómico da Xunta de Galicia. Ademais, de degustacións e visitas, as xornadas inclúen actividades complementarias. 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta.
-
Acadou este mellor comportamento pese a ser a única comunidade que executou en tempo e forma o seu Programa Anual de Endebedamento en 2011. Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos aumentou o seu endebedamento e foi 15 puntos menor á media española e sempre nas marxes aprobadas no CPFF.
