Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O paraninfo da Reitoría acollerá o vindeiro luns, 15 de abril, ás 20:00 horas, o primeiro recital na Coruña da poeta palestina Rafeef Ziadah. A súa poesía, dedicada á guerra en Palestina, estará acompañada da música en directo de Phil Monsour. O evento será de carácter gratuíto e está organizado pola asociación Pallasos en rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
  • O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que celebrará a súa 20ª edición do 1 ao 5 de maio na cidade de Tui, Galicia, anuncia os filmes que conformarán a competición internacional desta nova entrega do certame, así como o xurado que outorgará os premios nesta categoría. Esta edición aniversario destaca pola participación de recoñecidos e celebrados cineastas cuxas obras se caracterizaron pola permanente procura estética e o risco formal.
  • O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA inaugura unha dobre cita feiral, coa cuarta edición do salón de enerxía Enerxétika e a primeira da feira de servizos municipais ExpoMunicipal. Ambos certames reunirán ata o sábado 520 firmas expositoras de 24 países dos sectores enerxético e municipal, as cales estarán representadas por 181 expositores de España, Portugal, Andorra, Francia, Italia, México, Israel e República Checa.
  • O ROMPETIÑO JUMP, o evento referente de música urbana en Galicia e gran parte da península ibérica, anuncia o cartel completo para a súa próxima edición, que terá lugar do 5 ao 7 de Xullo de 2024 en Porto do Son, A Coruña. Con un impresionante Line-Up de artistas nacionais, o festival promete ofrecer unha experiencia inesquecible para os amantes do trap, o hip hop e a música urbana en xeral.
  • As mexicanas THE WARNING abrirán a programación este sábado 6 Abril na sala Capitol de Santiago de Compostela, coas entradas esgotadas. Tras xirar con Muse, Guns N’ Roses ou Foo Fighters, as 3 irmás convertéronse nunha das grandes sensacións do momento na escena rock, e estréanse nos escenarios galegos dispostas a poñer a Capitol patas para arriba co seu poderoso directo.
  • O escultor lugués Álvaro de la Vega inaugurou no Colexio de Fonseca a exposición 'Xéneros e números', na que propón agrupamentos abigarrados de mulleres e homes tallados en madeira que nos observan, que se fan observar ou que se desprazan emerxentes e decididos, sen mirar atrás. 'Trato de pór o foco sobre a atmosfera que crea a disposición dos agrupamentos de individuos fronte á figura illada dun neno espido á vez que sobre as sombras que se proxectan en cada un dos corpos'.
  • Do 11 de abril ao 9 de maio, a cidade de Ourense acolle a celebración da 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que contará con 23 espectáculos de teatro, música e danza, ademais de formación. Unha edición máis a Universidade de Vigo volve a ter un protagonismo destacado nela, non só no seu patrocinio e organización senón tamén coa actuación das aulas de teatro e danza dos seus tres campus.
  • Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario (cinco compañías presentarán no auditorio Gustavo Freire outras tantas producións), e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que se completarán con obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.
  • A oitava edición do festival 17º Ribeira Sacra, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo en diversos escenarios do territorio lucense, anuncia un primeiro avance da súa programación. Denominado como “festival de experiencias”, o 17º Ribeira Sacra marida, non só música, senón tamén outras áreas que cada ano cobran maior protagonismo; como é a arte, a terra e a gastronomía.
  • Resultado dun proceso de traballo, no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.