Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O 20º aniversario do SonRías Baixas, celebrado os días 2, 3, 4 e 5 de agosto no recinto Multiusos da Estacada de Bueu, finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvememnto por parte tanto do público como dos artistas implicados. O festival continúa un ano más siendo una de las citas de referencia del verano en las Rías Baixas. As xornadas, que nesta edición engadiron unha festa de presentación o mércores para dar a benvida aos asistentes, desarrollouse con total normalidade e sen incidentes.
  • 'Non podemos ser os mesmos despois de facer unha obra ou despois de contemplala'. Deste xeito puña énfase na capacidade transformadora da arte o docente da Facultade de Belas Artes, artista e ensaísta Juan Carlos Meana, falecido en xaneiro. Este e outros extractos dos seus textos complementan o percorrido pola súa traxectoria artística. O espazo entre as cousas, a exposición coa que o Museo de Pontevedra rende homenaxe ao que fora decano de Belas Artes entre 2010 e 2015.
  • Dous concertos e un ensaio aberto ao público porán o peche ao Programa de Verán 2023 da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC), un proxecto educativo que se estende ata o 7 de agosto e que ofrece á mocidade estudante de música a oportunidade de ampliar os seus coñecementos, destrezas e experiencias. O primeiro dos recitais, desenvolverase o sábado 5 de agosto ás 19.00 horas na Igrexa da Universidade, con entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.
  • Os días 1, 2 e 3 de setembro, A Coruña acollerá o XII Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes. Este evento arrincará nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña o venres 1 de setembro ás 19:00 horas, coa presentación do festival.
  • Esta semana o Festival SonRías Baixas deu a coñecer a súa programación para o seu vixésimo aniversario, que terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra), afianzado xa como unha das grandes citas musicais do verán da península do Morrazo, no corazón das Rías Baixas. As xornadas de SonRías Baixas arrancarán o xoves 3 cunha noite protagonizada por dúas bandas que regresan ao festival.
  • Desvelouse o misterio. Este ano o Dinoseto morre batallando con Akira, e dominado polo seu gran poder psíquico. A escena podemos vela no cartel da sétima edición do GFFF e está inspirada no filme Akira, anime xaponés de culto estreado en 1988 ao que o Galician Freaky Film Festival rende homenaxe na súa sétima edición. O Galician Freaky Film Festival celébrase entre o 22 e o 30 de setembro en diferentes espazos da Praza Elíptica.
  • O pasado sábado celebrouse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos a gala de clausura e a entrega de premios da Fancine de Lemos 2023. Conducido pola xornalista monfortIna Manola Porto, e coa intervención de Iván Patiño, director do festival e Marina Doutón, concelleira de cultura, entregáronse na gala os premios á Mellor Curtametraxe Galega, Mellor Curtametraxe Española, Mellor Curtametraxe Internacional e Premio do Público.
  • A compañía andaluza Atalaya Teatro celebra o seu 40 aniversario da mellor das maneiras posibles en Cangas, recibindo o Premio do Público desta tamén 40 edición da Mostra. Este recoñecemento é froito das votacións anónimas que os espectadores e espectadoras poden emitir ao final de cada obra no Auditorio. Ao finalizar o espectáculo, o público ten á súa disposición uns papeis co nome da obra dese día cunha puntuación do 1 ao 5 para que fagan a súa valoración.
  • Promover a contemplación do solpor como unha forma de turismo única, sustentable e integradora do Espazo Atlántico é o alicerce do proxecto ATLANTIC_SUNSET, coordinado polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois. O consorcio integrado por oito institucións de catro países e liderado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), acaba de obter máis dun millón de euros de financiamento no marco do programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027.
  • A novena edición do Festival de cine Fantástico e de Terror Fancine de Lemos comeza este mércores 5 de xullo coa gala inaugural que terá lugar ás 21.00 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Na gala, que será conducida por Manola Porto, xornalista e locutora de Onda Cero Monforte, e que contará coa intervención de Iván Patiño, director do festival, e Marina Doutón, concelleira de cultura de Monforte de Lemos, entregarase o premio de honra Fancine 2023 á actriz e actriz de dobraxe Marian Salgado.