Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • Aínda que a xestión de emerxencias é unha competencia que corresponde aos concellos (no caso dos municipios de máis de 20.000 habitantes) e ás deputacións provincias (no resto de municipios), o goberno galego continua traballando para reforzar os servizos de emerxencias dos concellos da nosa comunidade. Deste xeito, a Xunta destinou máis de 23 millóns de euros nos últimos anos ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, máis de 14 millóns en equipamento, 4 millóns en gastos de funcionamento e 5 millóns en formación destes efectivos e doutros servizos de emerxencias, xestionada a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
  • Esta sondaxe, elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia amosa unha valoración global moi positiva. Nos últimos anos, entre o 86 % e o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo e moi positiva tamén no resto da poboación. Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto.
  • Nesta edición foron recoñecidos os proxectos da Biblioteca Municipal Alfonso Castelao de Betanzos por Boa práctica Club de lectura da historia de Betanzos (na categoría de entidades locais con máis de 10.000 habitantes) e a Biblioteca Municipal de Cenlle pola iniciativa Colaborando co cole: biblioteca para tod@s (entidade local cunha poboación de ata 10.000 habitantes). Coincidindo coa Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, a Xunta entregou estes premios para poñer en valor o labor destas entidades a prol da cultura. Baixo o título Fondo local. Memoria e identidade,a xornada centrou a ollada na importancia dos fondos locais e na achega deste servizo a todas as localidades galegas.
  • Ata o mes de setembro a Comunidade rexistrou máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 11 millóns de noites, tanto nos establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), como extrahoteleiros (apartamentos, campings, albergues e turismo rural), o que supón un incremento do 6,4% en número de viaxeiros aloxados e do 6,1% en canto as noites neste ano. Estes bós datos veñen impulsados pola boa afluencia de viaxeiros no mes de setembro. Como revelan os datos do INE que hoxe fixo públicos sobre os establecementos extrahoteleiros, só nestes establecementos o número de viaxeiros medrou un 21% ese mes. A estes súmanse os datos en hoteis e pensións xa coñecidos a semana pasada e que dan como resultado que só en setembro máis de 865.000 viaxeiros se hospedaron nos establecementos de aloxamento galegos.
  • A Xunta defenda a Lei do litoral de Galicia como norma innovadora e referente a seguir para a xestión integrada da costa, tal e como salientou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez durante a súa intervención na clausura do XI Congreso internacional de ordenación do territorio que se celebrou esta semana en Xixón. Logo de subliñar que Galicia é a primeira comunidade que impulsa unha lei para regular o seu litoral en toda a súa extensión, tanto zona terrestre como área mariña, a vicepresidenta segunda incidiu no “compromiso inquebrantable” que ten a Comunidade coa sostibilidade ao entender a costa desde unha tripla perspectiva social, ambiental e económica.
  • A empresa Data Spartan organiza os días 26 e 27 de outubro o Corunna Innovate Summit, un congreso que terá lugar no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, no que se tratará da revolución que supoñen a intelixencia Artificial (IA), a ciencia de datos e Internet, para tratar de mellorar a forma na que se estrutura a sociedade de cara ao futuro. A inauguración do foro terá lugar o día 26 ás 16:30 horas e continuará ás 17:00h. co investigador Luis Muñoz-González, da empresa Telefónica, que falará da aprendizaxe federada, técnica de aprendizaxe automática que permite adestrar modelo centralizados sen ter que compartir datos sensibles.
  • OVO é a 25ª producción en directo do Circo do Sol, creada con motivo do seu 25 aniversario. Estreouse por primeira vez en Montreal no ano 2009 e visitou 30 cidades en seis países diferentes como espectáculo de Gran Carpa antes de transformarse nun espectáculo de pavillón no ano 2016. Poderá verse en varias sesións no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. No espectáculo teñen especial protagonismo os insectos que traballan, comen, se desprazan, xogan e loitan. Cando un misterioso ovo aparece entre eles, os insectos senten unha intensa curiosidade por ese obxecto icónico que é, ademais, o fío conductor do espectáculo. Ademais das acrobacias e espectáculos, destaca o vestiario, inspirado nos superheroes futuristas e en armaduras de calquera época.
  • No Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o 11; Proyecto 1800 (Galicia) o 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o 16; Gabriela Suárez (Canarias) o 17 e o 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o 18.
  • O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos. Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6 % en un 3,2 % respectivamente as do ano pasado.
  • Relatos, encontros e imaxes é o título do evento que terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela como peche da primeira edición da aceleradora musical Sonemerxente, posta en marcha pola Xunta de Galicia baixo a xestión da Fundación Paideia. As 10 bandas e artistas integrantes do programa compartirán cos asistentes os principais fitos desta experiencia, no marco da que tiveron a oportunidade de traballar no impulso das súas carreiras man a man con primeiras figuras da industria musical, ademais de ofrecer unha trintena de actuacións en diferentes festivais e citas culturais de toda Galicia.